Lembrade que o día25 de xaneiro ás 18:30terá lugar a segunda proba da materia pendente Bioloxía-Xeoloxía. Ese mesmo día recollerase o traballo asignado.
O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 3º ESO visitou a DOMUS na que tiveron que realizar diferentes actividades con respecto á función de relación e reprodución humana.
Ademáis o alumnado de 4º ESO da materia de Cultura Científica e Tecnoloxía visitou o MUNCYT no que poideron comprobar a importancia da tecnoloxía nas súas vidas.
Despois de patinar na pista de xeo da Coruña o alumnado de 1º ESO visitou a Casa das Ciencias e alí visualizou un vídeo relacionado coa astronomía.
O alumnado de 2º BAC da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente visitou o MUNCYT e o Centro Meteorolóxico da Coruña. Nesta última aprenderon a interpretar mapas meteorolóxicos e coñeceron os diferentes aparatos para obtención de datos atmosféricos.