Etiquetas

jueves, 23 de febrero de 2017

OLÍMPIADA DE XEOLOXÍA

Os alumnos Amanda, Carla, Gloria de 1ºBAC A e Miguel de 1ºBAC B acompañados da profesora Mª-Jesús participaron na olimpiada de Xeoloxía celebrada en Santiago o mércores 15 de febreiro. Foi unha experiencia moi frutífera pois decatáronse  dos seus coñecementos nesa materia, a pesares de non gañar.

miércoles, 18 de enero de 2017

Información importante para pendentes

Lembrade que o  día 25 de xaneiro ás 18:30 terá lugar a segunda proba da materia pendente Bioloxía-Xeoloxía. Ese mesmo día recollerase o traballo asignado. 
Para máis información ver a etiqueta PENDENTES

Visita ao MUNCYT e á DOMUS

O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 3º ESO visitou a DOMUS na que tiveron que realizar diferentes actividades con respecto á función de relación e reprodución humana.

Ademáis o alumnado de 4º ESO da materia de Cultura Científica e Tecnoloxía visitou o MUNCYT no que poideron comprobar a importancia da tecnoloxía nas súas vidas.


Visita de 2º BAC con 1º ESO



Despois de patinar na pista de xeo da Coruña o alumnado de 1º ESO visitou a Casa das Ciencias e alí  visualizou un vídeo relacionado coa astronomía.
 
O alumnado de 2º BAC da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente visitou o MUNCYT e o Centro Meteorolóxico da Coruña. Nesta última aprenderon a interpretar mapas meteorolóxicos e coñeceron os diferentes aparatos para obtención de datos atmosféricos.